Venres, 18 de setembro de 2015 Casa Perfeuto María, Gastronomía, Ofertas, Turismo
Casa Perfeuto María ofrécelles a posibilidade de adquirir o “PAQUETE OUTONO GASTRONÓMICO” que permite degustar o menú outono gastronómico e pernoitar na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do seguinte día dentro da oferta.
O paquete componse de:
1 menú outono gastronómico por persoa + aloxamento e almorzo nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres o sábado a escoller). O prezo é de 120 €/2 persoas en habitación dobre ou de 80 €/1 persoa en habitación individual (ive incluído).
Pero a mellor opción é a oferta completa da “FIN DE SEMANA OUTONO GASTRONÓMICO”.
Neste caso inclúe:
2 menús outono gastronómico por persoa + aloxamento e almorzos nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres e sábado). O prezo é de 200 €/2 persoas en habitación dobre ou de 140 €/1 persoa en habitación individual (ive incluído).
Se queres compartir coa familia esta fin de semana tan especial podes apuntarte na oferta do “FIN DE SEMANA FAMILIAR OUTONO GASTRONÓMICO” que inclúe dúas posibilidades:
* (Ofertas válidas en venres, sábados e domingos do 11 de setembro ao 13 de decembro de 2015, excluídas as fins de semana do 30 de outubro ao 1 de novembro e do 4 ao 6 de decembro)