Barranquismo

  • Barranquismo
  • Barranquismo
  • Barranquismo
  • Barranquismo
  • Barranquismo
  • Barranquismo
  • Barranquismo
  • Barranquismo
  • Barranquismo
Actividades barranquismo

Se está interesado en realizar actividades de aventura durante a súa estadía nos nosos establecementos, pode participar nas saídas de barranquismo, descenso de canóns ou canyoning. é ideal para familiarizarse cos deportes de aventura ou turismo activo posto que non require unha preparación física específica e calquera pode facelo.

A actividade consiste en descender o río superando diferentes obstáculos; en ocasións rappelando, outras saltando, descendendo polos tobogáns naturais de auga, escalando polas pedras, nadando ou simplemente andando.

Os guías especializados da empresa de turismo activo "Amextreme" acompañarano en todo momento.

Requisitos: Saber nadar e ter cumpridos os 14 anos (os menores de 16 anos, deberán vir acompañados dun responsable)

Equipamento necesario: Traxe de baño, zapatillas ou botas de montaña que “agarren ben o pé”, toalla e roupa de recambio. O resto do material facilitarao a empresa (cordas, arnés, traxe de neopreno, calcetíns de neopreno e casco).

Niveis: Básico, medio e avanzado.

Prezo: 43€/persoa. Previa reserva.

Vídeos de actividades de barranquismo: