Blog


Ruta Santiago-Santiago: 1ª etapa Santiago-Fisterra

Xoves, 16 de xuño de 2016 Camiño Santiago-Santiago

O “Camiño a Fisterra” é a única ruta xacobea con orixe en Compostela. Aínda que o Camiño conclúe como tal na cidade de Santiago, a peregrinación non termina en Compostela, posto que, dende a máis remota antigüidade, os viaxeiros que chegaban a este lugar tan occidental de Europa sentían desexos de proseguir a senda do sol, de chegar ao fin da terra para contemplar a inmensidade do infinito e ver o sol agocharse no océano.


Ler máis

Voda en Cabana de Carmen

, 3 de novembro de 2013 A Cabana de Carmen, Casa Perfeuto María

O pasado mes de setembro tivo lugar un acontecemento moi querido e esperado para nós. Na Cabana de Carmen celebrouse a voda duns clientes-amigos, unha parella fiel aos nosos establecementos e que pensaron que A Cabana de Carmen e Casa Perfeuto María sería o lugar idóneo para celebrar alí o seu enlace.


Ler máis





Do Artesanato - Turismo e Natureza

Somos unha empresa familiar á que nos gusta definirnos como ARTESÁNS DO TURISMO DE NATUREZA. Algo que aprendemos dos nosos clientes durante estes últimos 15 anos, é que cada persoa e cada época da nosa vida requiren experiencias distintas, por iso ofrecémosche diferentes formas de gozar do noso entorno.