O Entroido é tempo de cocido, ven probalo a Casa Perfeuto María
Mércores, 24 de xaneiro de 2018 cocido, Entroido, Galicia, filloas, comida, gastronomía
Dende que Casa Perfeuto María abrira as súas portas no ano 2000, unha das grandes estrelas deste establecemento atópase na mesa. Caseiro, saboroso e moi abundante, o seu cocido é unha auténtica xoia que non te podes perder. Para saber máis sobre el, falamos con quen mellor o coñece. Trátase de China, a cociñeira de Casa Perfeuto María, quen nos explica as razóns que fan deste prato algo tan especial.