Antiga casa de labranza totalmente restaurada sitda nunha pequena aldea de Outes ao sur da provincia da Coruña, no interior da Ría de Muros e Noia. A aldea de Sacido aséntase mirando cara ao sur entre os picos do Alto da Banza e O Pico do Cotro cuns miradoiros excelentes. Entre ambos picos discorren os ríos Donas e Tines.
A finca conta con máis de 19.000 m2, con zonas de piñeiros e froitales que lle dan un encanto moi especial ao conxunto. Ideal para quen busque relax absoluto e contacto coa natureza.
Ademais a tan só 4 km podemos desfrutar da desembocadura do Río Tambre e das hermosas praias da ría, de feito dende a propia finca é posible observar diferentes vistas destas marabillas.
A Finca Sacido alúgase completa e conta con:
Capacidade: 8 persoas.
Tamén dispón de calefacción, barbacoa, cheminea, xardín , terraza e garaxe.
A casa está equipada con roupa de cama, toallas, ferro de pasar e enxoval de fogar.
A Finca Sacido atópase a 40 km de Santiago de Compostela, a 95 km de Pontevedra e a 80 km da Coruña. Dende Finca Sacido pódense visitar os cascos históricos de Muros e Noia as praias da ría ou planificar excursións por Santiago de Compostela, as Rías Baixas ou A Costa da Morte.
Todo o ano | desde 189€/día |
Teléfono: + 34 981 850 903 / + 34 981 851 009 / Email: reservas@doartesanato.com