Condicións do servizo

RESERVAS

Se viu o noso calendario de ocupación e verificou a dispoñibilidade para as datas da súa estadía pode realizar a reserva on-line seleccionando o aloxamento desexado, data de entrada e de saída, habitación elixida, número de prazas e efectuar o pago do anticipo coa súa tarxeta de crédito/débito ou por transferencia bancaria.

Pode chamarnos por teléfono ao +34 981 850 903 /+34 981 851 009 (09:00h – 23:00h), atenderémolo de forma personalizada. Indicarémoslle como proceder para facer efectiva a reserva e realizaremos os trámites remitindo xustificante de pago e confirmación de reserva ao seu correo electrónico. Se o prefire emitiremos ficha pre-reserva ao seu email coa valoración e os datos bancarios onde ingresar ou transferir nas seguintes 72  horas o 40% do importe total dos servizos reservados. Confirmaremos o seu ingreso remitindo ficha de reserva ao seu e-mail.

A aceptación da reserva dá por válidas e asumidas as condicións xerais que a continuación se especifican. Á anulación da reserva aplicaránselle as seguintes porcentaxes de retención:

  • 50% se se anula dende 15 e ata 7 días antes da data de entrada
  • 100% cando se anule 7 días antes ou menos de la data de entrada.

As tarifas especiais dos "Días Verdes", e demais ofertas que se publiquen nesta website serán aplicables para os aloxamentos e as datas que en ditas ofertas se especifiquen. Para reservas en Casa Perfeuto María e A Cabana de Carmen revise a información en prezos e vexa o calendario dos “días verdes”.

O cliente comprométese ao pago íntegro dos días contratados abonando o resto da estadía á súa chegada ou saída tras comprobar o correcto funcionamento das instalacións. En caso de anulación ou saída anticipada o cliente perde o importe total do anticipo realizado a conta da reserva.

Para reservar no noso aloxamento, debe ter como mínimo 18 anos. O hotel puede negar a admisión aos clientes que viaxan xuntos se non hai polo menos un adulto con 18 anos cumpridos.

ESTADÍAS

  • Entrada a partir das 14:00. Se chega máis tarde das 20:00, por favor, avísenos no +34 981 850 903.
  • Saída antes das 12:00.
  • O cliente comprométese a deixar o aloxamento en perfecto estado. Se se produce algún dano o cliente debe comunicalo á maior brevidade.
  • Non está permitido fumar no interior dos aloxamentos.
  • Non está permitido queimar cera no interior das instalacións.
  • Non está permitido engadir pétalos ou obxectos que atasquen os jets das bañeiras de jacuzzi.
  • Non está permitido queimar nas chemineas plásticos, papel, cartón, leña verde ou con aditivos.
  • O prezo da leña non está incluído no aluguer. O kit de leña para o uso da cheminea ten un custo de 9€. As chemineas son de baixo consumo, teñen un ecofiltro que só permiten usar leña natural sen aditivos.
  • As cabanas e apartamentos están dotados dunha cociña de servizos cos elementos básicos. Aínda que o enxoval conta cunha tixola, rogamos non cociñar frituras que desprendan fortes olores para evitar que se impregne a madeira e os teares.
  • Garde silencio a partir das 00:00 horas para respectar o descanso dos outros hóspedes.
  • Para realizar o check-in será necesario o documento de identidade de todos os hóspedes maiores de 16 anos e unha tarxeta de crédito/débito como garantía de estadía.

                  LIMPEZA | 12:00 A 15:00

                  • O servizo de limpeza realízase entre as 12:00h e as 15:00h. Se non desexa que se leve a cabo este servizo, colgue o cartel de “no molestar” no pomo exterior da porta. A limpeza non inclúe os elementos de enxoval da cociña. A limpeza da cubertería, cristalería e louza corre a cargo dos usuarios.
                  • Os aloxamentos están totalmente equipados tanto no aluguer por habitacións como o aluguer por casa completa, apartamento ou cabana. O cambio de lencería realizarase cada 3 días por conta do noso servizo de limpeza.
                  • No aluguer de aloxamento completo os baños carecen de produtos de hixiene e cosmética salvo xel, xampú, sales de baño, secador de pelo, papel hixiénico e xogo de toallas que se encargará de repoñer o noso equipo de limpeza. 

                  MASCOTAS

                  Poderá viaxar coa súa mascota e que esta durma na súa habitación seguindo estas instrucións:

                  • Non poderá levar a súa mascota ao comedor durante os servizos de almorzos, comidas e ceas.
                  • A mascota debe dispoñer do seu transportín ou ben traer a súa cesta ou manta onde adoite durmir para que no se sinta estraña e por suposto non utilice as camas.
                  • A mascota non poderá quedar soa no aloxamento cando os seus donos saian.
                  • O seus donos son responsables dos danos que sufra a mascota por morder cables ou outros incidentes e tamén dos prexuízos que ocasione.

                  O aloxamento con mascotas ten un custo adicional de 6€/noite en Casa Perfeuto María e 9€/noite no resto de aloxamentos.

                  INTRUCIÓNS DE USO E CONSUMO RESPONSABLE

                  AUGA – Os recursos de auga cada vez son máis escasos.

                  • Non deixe a billa aberta mentres se dá xabón, afeita ou lava os dentes; estarase perdendo moita auga que non utiliza para nada.
                  • Utilice só a auga que necesite para ter unha feliz estadía, pero non malgaste aquela que non necesita.

                  CALEFACCIÓN – Caldear as casas supón un alto custo ao medio ambiente.

                  • Non utilice a calefacción coas ventás abertas.
                  • Non pretenda ir en manga curta en inverno a costa de caldear moito o interior.

                  ILUMINACIÓN – Aforrar enerxía eléctrica é aforrar contaminación.

                  • Apague as luces cando non as necesite. Se cre que é o último en abandonar unha habitación, asegúrese de que as luces queden apagadas.

                  LIXO

                  • O inodoro non é un bo sistema de eliminación de residuos.
                  • Por favor, utilice as papeleiras.
                  • Cando saia ao campo, non tire cabichas, papeis, latas,…, que contaminen e deterioren a beleza destas paraxes.

                  COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE ENTRE TODOS

                  Agradecerémoslle calquera tipo de suxestión pola súa parte para mellorar os nosos servizos e instalacións.

                  Ante calquera imprevisto ou indisposición, non dubiden en contactar con nós.

                  Recepción: + 34 981 850 903 | reservas@doartesanato.com 

                  * O usuario polo feito  de adquirir calquera dos servizos ou produtos expostos nesta web acepta as presentes condicións xerais. Para a interpretación, aplicación e cumprimento de obrigacións que da aceptación das condicións contidas neste Centro de Comercio se deriven, tanto o cliente como Do Artesanato sométense á xurisdición e competencia dos tribunais de Noia, A Coruña (España) con renuncia expresa de calquera outro foro.