Inicio Do Artesanato Quen somos

Quen somos

Logotipo Doartesanato

DO ARTESANATO é unha empresa familiar con sede en Outes (A Coruña) na que vimos desenvolvendo actividades relacionadas co turismo rural e as actividades de lecer na natureza desde o ano 1998.

O noso percorrido comeza con Casa Rural Perfeuto María. O que en nun principio naceu como unha actividade económica complementaria, grazas a unha aposta moi clara pola mellora na calidade, innovación, profesionalización e no avance constante da oferta turística, converteuse nos últimos anos nunha empresa sólida e en expansión.

Como exemplo desta aposta pola innovación, tres anos máis tarde comeza a súa actividade Cabanas de Carmen, un establecemento singular para o aloxamento de grupos  que nos permite aumentar a nosa oferta. Ao mesmo tempo comezamos a desenvolver un plan de ofertas de actividades complementarias e de turismo activo a través da recuperación e creación de varias rutas de sendeirismo no entorno e do desenvolvemento de actividades de geocaching.

Continuando coa nosa filosofía de innovación e mellora da oferta turística, no ano 2013 iniciamos o noso proxecto piloto de aloxamento e natureza Cabañitas del Bosque, formado por tres apartamentos ecolóxicos e respectuosos coa paisaxe situados en árbores. O éxito desta experiencia e as nosas ansias de expansión e mellora constante, deron lugar ao noso proxecto Cabanas do Barranco, unha combinación deste tipo de aloxamento singular entre as árbores coa oferta de actividades de turismo mariñeiro activo.

Desde entón, continuamos traballando cada día para a satisfacción dos viaxeiros. Coidamos con esmero a calidade dos nosos servizos para proporcionarlles estadías cheas de sensacións e benestar.