Eventos

Banquetes

Celebra a túa voda de forma orixinal nun ambiente rural,no río, ou no enclave que ti elixas, e coa temática e decoración que desexes.

En Do Artesanato poñemos á disposición do teu evento todas as nosas instalacións e aloxamentos para que non limites o evento a só o propio día da cerimonia e poidas gozar con teus invitados de varios días de celebración. 

Se o desexas, nós encargámonos de toda a organización e preparativos para unha celebración totalmente personalizada (preparación de aloxamentos, instalación de carpa, capela, decoración temática...).

Gastronomía

O noso Centro de Actividades Mariñeiras (CAM), en Cabanas do Barranco, está totalmente equipado para a realización de eventos gastronómicos (cursos e obradoiros, exposicións, presentacións...).

Pode complementar o seu evento con diferentes actividades no entorno relacionadas coa gastronomía, tanto do campo como da ría.

En Casa Perfeuto María atoparédesvos cun espazo tranquilo e nunha contorna única para celebrar as vosas xuntanzas de traballo ou entre amigos e desfrutar da mellor cociña tradicional galega.

Negocios

Celebre o seu evento ou reunión de negocios nun entorno singular e rodeado de natureza. Dispoñemos de instalacións de diferente tipo (salón da Casa Perfeuto María, aula do Centro de Actividades Mariñeiras, etc.) que podemos equipar segundo as súas necesidades (wifi, videoproxector...). 

Ademais, ofrecémoslle calquera tipo de servizo gastronómico (almorzos, comidas e ceas, coffee break...) e poñemos á súa disposición os nosos diferentes establecementos en caso de necesidade de aloxamento. 

Pode completar o seu evento cunha gran variedade de actividades en plena natureza para o seus traballadores ou invitados.