Inicio Actividades Baños de Bosque
Faise un itinerario totalmente interactivo con actividades de observación que permitan coñecer a contorna, e con xogos e dinámicas de sensibilización ambiental, de concentración e de relaxación que permitan vibrar nas mesmas ondas que o espazo que nos rodea.
O percorrido non ten dificultades; é accesible e precísase roupa e calzado adaptados á climatoloxía do día no que se leve a cabo a actividade. Pódese dacer independentemente do que se considera “bo ou mal tempo”, porque é interesante vivir e experimentar as diferentes sensacións.
É unha experiencia para sentirse parte do medio, para fluír e vibrar con el, para emocionarse a través das sensacións vividas e para cargarse de enerxía e de paz.
Esta actividade pode facerse individual, para parellas ou colectiva para grupos pequenos, medianos ou grandes.