Inicio Actividades Ruta Vivir o marisqueo

Ruta Vivir o marisqueo

Ruta Vivir o marisqueo

A experiencia "Vivir o marisqueo", impulsada polo Concello de Outes, pretende que os visitantes coñezan de primeira man na actividade marisqueira que se desenvolve na nosa ría. Esta actividade artesanal lévase realizando desde fai séculos nun espazo territorial costeiro dunha beleza e riqueza medioambiental única. As persoas visitantes tamén poderán degustar os produtos extraídos (berberechos e ameixas) nos restaurantes da zona.



Ven a vivir a experiencia
  • 8:00/ 8:15h Almorzo no Centro Náutico do Freixo. Desde a terraza veremos saír ducias de pequenas embarcacións cara o seu lugar de traballo.
  • 9:30h Percorrido cara os lugares de traballo das mariscadoras a pé e mariscadores. Posteriormente observaremos o regreso das embarcacións e visitaremos a lonxa  para ver de primeira man o proceso de descarga e clasificación do marisco.
  • 13:00h As persoas visitantes poderán degustar un menú, previamente elixido e baseado no marisco extraído, en calquera dos restaurantes colaboradores.
Poden facer a  reserva chamando ao 644 78 75 13 ou a través do correo electrónico 644 78 75 13