Inicio Actividades Rutas en 4x4 e sendeirismo

Rutas en 4x4 e sendeirismo

RUTAS EN 4X4 E SENDEIRISMO


Sen dúbida, a situación dos nosos establecementos é privilexiada para explorar lugares emblemáticos da xeografía galega.  A nosa localización a pouca distancia da Costa da Morte e Rías Baixas e no medio de Ría de Muros e Noia abre unha serie de itinerarios cun gran potencial paisaxístico e patrimonial, se engadimos a comodidade de acceder a algúns destes enclaves en Vehículo 4x4 convertendo a experiencia que che propoñemos como inaccesible é o máis gratificante e excepcional posible.





Poñémoscho fácil xa que grazas a " arqueoroutes", ofrecémosche unha viaxe no tempo por tres dos itinerarios máis potentes e descoñecidos do noroeste peninsular e que agochan as mellores vistas e panorámicas de Galicia así como tesouros arqueolóxicos e naturais que che sorprenderán. Por suposto, queremos que non te preocupes e simplemente goces dunha actividade en sintonía co que o noso aloxamento, exclusividade, calidade e atención che ofrecen ata o último detalle. Esta actividade inclúe recollida e volta ao aloxamento, hidratación e xantar picnic.






Estas son as nosas propostas:




BARBANZA, MEGALITISMO ENTRE DOUS MARES. 4x4

BARBANZA, MEGALITISMO ENTRE DOUS MARES. 4x4

Propoñémosche descubrir a serra do Barbanza en 4x4, unha viaxe polo tempo na que a historia e a mitoloxía están entrelazadas ... ¿Sabías que entre os seus penedos e brañas está o complexo megalítico máis vistoso e mellor conservado de Galicia?

Pero Barbanza non só é patrimonio arqueolóxico, é un xeito de entender a vida, onde o home vive en equilibrio co medio. Pequenas comunidades ancoradas no pasado, gando salvaxe pastando libre baixo a atenta mirada do lobo.

Barbanza é un espazo único e singular que nos ofrece dende os seus cumes, o Pico Iroite (685 m.) e o Alto da Curota (618 m.) Unha privilexiada vista da Ría de Muros e Noia, a Costa da Morte e as Rías Baixas. . Unha atalaia inigualable entre dous mares cualificada por Valle Inclán como "o observatorio que ofrece as mellores vistas das Rías Baixas e de toda Galicia".

O ARTE RUPESTRE DA FIN DO MUNDO. 4x4

O ARTE RUPESTRE DA FIN DO MUNDO. 4x4


Desde luego el tramo costero más meridional de “A Costa da Morte” no deja indiferente a nadie, son muchos los elementos geográficos a destacar por su monumentalidad natural y por su simbolismo y fuerza dentro del mundo mágico-religioso para los pobladores locales y en extensión para la cultura galaico atlántica. Estamos en un lugar único, privilegiado, un triángulo mágico con tres vertices majestuosos; El Cabo Finisterre, El Monte Pindo y Monte Louro. Sin duda el emplazamiento es sugestivo y los antiguos pobladores lo han expresado usando como lienzo la cuantiosa roca que jalona los montes de Carnota y Muros.

Durante nuestro recorrido en 4x4 por las faldas de los montes carnotanos y muradanos visitaremos cuatro de las estaciones rupestres más singulares de Galicia, A Laxe Escrita, O Filladuiro, As Laxiñas y A Laxe das Rodas. Disfrutaremos de vistas únicas de un territorio que se abre al mar de manera sugerente y trascendental, Cabo Finisterre, la playa de Carnota, Torre dos Mouros, Monte Pindo, Monte Louro, A Lagoa de Xalfas etc quedarán grabados en nuestra memoria y retina por su belleza natural y monumentalidad.

MONTE PINDO, FERVENZA DO ÉZARO. Sendeirismo.

MONTE PINDO, FERVENZA DO ÉZARO. Sendeirismo.


Para os máis activos ofrecemos un itinerario de sendeirismo onde mitoloxía, lenda, misticismo e historia van da man dun percorrido esencial para os camiñantes. O Monte Pindo xorde magnífico dende o mar ata unha altura de 627 metros na curiosa mole de granito de A Moa desde onde podemos gozar do que pode ser xunto cos de a Serra do Barbanza as mellores vistas de Galicia.

Ao longo do camiño empedrado que nos levará ao seu cume coñeceremos as lendas que nos falarán dos espíritos dos guerreiros celtas que viven eternamente nas súas formacións rochosas, de personaxes míticos como Raíña Lupa, de enclaves históricos como o castelo de Peñafiel e O Chan da Mina, de rituais de purificación e fertilidade como os realizados en A Moa ou A Cova da Xoana.

En definitiva, o Monte Pindo é Maxia, o Monte Pindo non defrauda.

 

Podes realizar as reservas a través do teléfono, correo electrónico ou dende a nosa central de reservas. 
Reserva telefónica: +34 981 850 903 // +34 981 851 009
Reserva Whatsapp: +34 627 184 678
Reserva a través do correo electrónico: reservas@doartesanato.com

Ligazóns