Inicio Blog A Cabana das Furnas

A Cabana das Furnas

Venres, 10 de xuño de 2016 A Cabana das Furnas, Cabanas do Barranco, Cabañitas del Bosque

Con esta entrada queremos comezar unha serie de artigos para coñecer máis en profundidade os nosos aloxamentos. Nesta primeira entrega, gustaríanos contarvos un pouco máis sobre unha das nosas espectaculares cabanas dos árbores: A Cabana das Furnas, situada na finca “Cabanas do Barranco”.

A Cabana das Furnas

Como o resto de cabanas levantadas nesta finca, o seu nome débese a unha das enseadas que forman a Ría de Muros e Noia: a praia das Furnas, un areal que conserva o mesmo entorno virxe que a nosa memoria alcanza a recordar. O único cambio que esta praia sufriu desde fai anos foi o incremento da afección polo surf, que fai que hoxe en día surfistas e pescadores convivan en perfecta harmonía e gocen das súas impresionantes postas de sol.

Praia das Furnas
En canto á cabana, hai dúas cousas que a fan especial. Por un lado, o feito de que, a pesar de estar situada a uns 7 metros de altura entre un bosque autóctono de carballos e castiñeiros, é plenamente accesible grazas á súa rampla de acceso de 15 metros de longo por 1,40 metros de ancho. Desde Do Artesanato mantemos o firme propósito de achegar o goce da natureza a todo aquel que o desexe. 


A Cabana das Furnas, una cabaña accesible
Por outro, as impresionantes vistas que poderemos apreciar tanto da serra como da zona interior da Ría de Muros e Noia desde o jacuzzi exterior, instalado na terraza da cabana, do que recomendamos o seu uso en calquera estación do ano.
El jacuzzi de A Cabana das Furnas
Nesta cabana disfrutarás da experiencia de durmir sobre unha árbore, en plena natureza e no medio dun bosque autóctono. Relaxación e tranquilidade total nun entorno privilexiado.


Algunhas imxaes máis da praia das Furnas:




Do Artesanato - Turismo e Natureza

Somos unha empresa familiar á que nos gusta definirnos como ARTESÁNS DO TURISMO DE NATUREZA. Algo que aprendemos dos nosos clientes durante estes últimos 15 anos, é que cada persoa e cada época da nosa vida requiren experiencias distintas, por iso ofrecémosche diferentes formas de gozar do noso entorno.