Xoves, 29 de decembro de 2016 Cabañitas del Bosque, Cabanas do Barranco
Esta cabana está ubicada na nosa finca de Cabanas do Barranco, que como xa saberedes está composta dun total de 8 cabanas, cuxos nomes se corresponden con diferentes ensenadas da Ría de Muros e Noia, ademáis do Centro de Actividades Mariñeiras (CAM).
ACabana da Cova, ao igual que o resto, recibe o seu nome da ensenada A Cova, situada xusto ao pasar a fermosa vila pesqueira de Muros en dirección a Fisterra. A ensenada está enmarcada nunha contorna de acantilados rochosos e praias de cantos. Se pasamos en coche pola zona, á saída da vila de Muros atoparemos á man dereita co Faro Cabo Rebordiño, que ten a súa orixe no ano 1909 e posúe un aire residencial ao estar cinguido ao resto de casas como se fose un chalet adosado. Trátatase dunha estrada sinuosa que bordea toda a costa e que merece ser percorrida pola súa beleza paisaxística e polos seus innumerables puntos de interese turístico como a praia de Boca do Río en Carnota, o Ézaro, Fisterra, etc.
A cabana está construída a 6 metros de altura, escondida entre unha variedade de árbores caducifolios e piñeiros. Ten unha superficie interior de 26 m², formando un loft con dormitorio, saliña, cociña, baño con jacuzzi, e unha terraza exterior cunha altura de 6 metros entre as árbores e unha extensión de 15 m².
Como sempre, animámosvos a que veñades a coñecer as nosas cabanas en persoa. Garantizámosvos tranquilidade, bo trato, e unha extensa oferta de servizos e actividades.