Inicio Blog Cabana da Creba, homenaxe a unha illa con...

Cabana da Creba, homenaxe a unha illa con historia e lenda

Venres, 21 de outubre de 2016 Cabañitas del Bosque, Cabanas do Barranco

Isla de A Creba

Hoxe toca falar dunha das nosas Cabanas do Barranco, máis concretamente da Cabana da Creba, situada no centro da leira e que goza da máis absoluta intimidade como todas as nosas cabanas.

Enclave con historia

A Creba é unha illa situada entre os pobos de O Freixo e Esteiro. Xusto enfronte está o cabo de Uhía e ao carón un bo puñado de bateas onde se produce o famoso mexillón galego. É unha formación atractiva na que os piñeiros compoñen un frondoso bosque e onde na antigüidade estaba emprazada unha pequena ermida levantada para homenaxear á Virxe. Alí acudían multitude de persoas en romaría. Hoxe en día xa non se pode gozar dela xa que non existe.

Lendas e mitos

Moitas lendas cóntase sobre esta illa, a máis coñecida é a que explica como se construíu a ermida. Así o contaba o gran escritor galego Vicente Risco:

"Na Creba había mouros que tiñan un templo do seu falso deus. Os cristiáns matáronos deixando só á filla do xefe. Esta invocou ao demo, quen levantou unha tempestade, afogou aos cristiáns e separou a illa da terra. A moura converteuse nunha gran serpe rodeada de feras que afundían aos barcos. Os cristiáns foron onde un santo home que lles aconsellou bendicir a illa e erguer a igrexa da nosa Señora da Creba."


En canto á cabana, destacar que está construída a uns 6 metros de altura entre unha espesa mata de bosque caducifolio autóctono e ao amparo de piñeiros, castaños loureiros, sobreiras e acivros. Conta con todos os luxos de todas as nosas cabanas: jacuzzi, fío musical con bluetooth e usb, etc. Desde a súa ampla terraza poderán gozar dunhas bonitas vistas e da tranquilidade do bosque.





Do Artesanato - Turismo e Natureza

Somos unha empresa familiar á que nos gusta definirnos como ARTESÁNS DO TURISMO DE NATUREZA. Algo que aprendemos dos nosos clientes durante estes últimos 15 anos, é que cada persoa e cada época da nosa vida requiren experiencias distintas, por iso ofrecémosche diferentes formas de gozar do noso entorno.