Venres, 23 de setembro de 2016 Cabañitas del Bosque, Broña
Hoxe contarémosvos un pouco máis sobre unha das nosas cabanas situadas preto da praia de Broña: a Cabana da Vitareira.
Situada a poucos metros do mar, esta cabana debe o seu nome a un dos tres areais nos que se divide a propia praia de Broña. Estes tres areais están divididos por rochas, e a que pon nome ao noso aloxamento é a máis alonxada da principal. Para chegar a ela temos dúas opcións: podemos continuar o percorrido do paseo marítimo que bordea toda a costa e baixar por un acceso relativamente cómodo, ou ben cruzar as dúas praias anteriores e acabar sorteando un pequeno traxecto de rochas, menos recomendable pola súa perigosidade. Os más anciáns do lugar contan que anteriormente a esta praia chamábaselle a “praia dos namorados”, xa que ao estar un pouco alonxada e cunha accesibilidade complicada, contaba con gran intimidade.
En canto á cabana, o que a diferenza das outras da mesma finca é que é accesible para persoas con movilidade reducida. Conta cunhas estupendas vistas da ría e todo o equipamiento das nosas cabanas (cociña, cheminea, jacuzzi...). Non dubidedes en achegarvos, viviredes unha experiencia única.