Inicio Blog Cabana de Arturo

Cabana de Arturo

Martes, 5 de xullo de 2016 Cabañitas del Bosque, Finca Apriscos

Hoxe queremos presentarvos “A Cabana de Arturo”, outra das cabanas situadas na finca “Os Apriscos”.

A finca, dunha hectárea de extensión, conta cuns antigos canais de rego construídos nos séculos XIX e XX que enchen de vida a contorna coa gran variedade de fauna que os habitan. Plantados ao longo da finca dispóñense variedade de árbores frutais, cuxas froitas invitámosvos a probar.

En canto á Cabana de Arturo é, xunto á Cabana de Amalia e á Cabana de Mucha, unha das tres primeiras contrucións que realizamos. Ademais, esta cabana foi ideada, deseñada e construída na súa totalidade coas nosas propias mans.

A cabana debe o seu nombre a unha persoa moi especial, o noso neto Arturo, quen herdou o nome do "avó Arturo", que deixou unha profunda pegada na familia.

Ligazóns





Do Artesanato - Turismo e Natureza

Somos unha empresa familiar á que nos gusta definirnos como ARTESÁNS DO TURISMO DE NATUREZA. Algo que aprendemos dos nosos clientes durante estes últimos 15 anos, é que cada persoa e cada época da nosa vida requiren experiencias distintas, por iso ofrecémosche diferentes formas de gozar do noso entorno.