Inicio Blog Cabana do Albán

Cabana do Albán

Luns, 21 de novembro de 2016 Cabanas do Barranco, Cabañitas del Boque

Cabana do Albán é unha das cabanas situada na finca Cabanas do Barranco, na súa parte máis alta.

Ao lado do máis tradicional da zona

Como todas as nosas cabanas levantadas nesta finca, o seu nome débese a unha das ensenadas que conforman a Ría de Muros e Noia. Trátase dunha zona, moi preto de Cabañas de Broña, cun pequeno embarcadoiro para botes tradicionais, que os veciños utilizan para ir a pescar rodaballo, panchas... Unha peculiaridade non moi coñecida é que preto deste lugar está situado un pequeno areal cunha importante produción marisqueira e pesqueira.

Unha curiosidade

Mais o realmente curioso sucede nos meses de decembro e xaneiro, cando se produce a famosa recollida de pipións, peixes que veñen a desovar aos areais. É dicir, recóllense directamente debaixo da area, sobre todo nos días de máis frío. Por alí tamén pasa un roteiro de sendeirismo duns 14 km, e ao comezo do mesmo hai construídos uns antiguos muíños que os veciños utilizaban para moer os cereais.


A cabana

A cabana está construída a 6 metros de altura, entre unha espesa mata de bosque caducifolio autóctono e ao amparo de piñeiros, castiñeiros, sobreiras e acibros. Ten unha superficie interior de 28 m², formando un loft con dormitorio, sala de estar, cociña, baño con ducha e unha terraza exterior entre as árbores de 15 m², onde se atopa o jacuzzi, que conta con fermosas vistas, ideal para pasar unha noite romántica e orixinal.





Do Artesanato - Turismo e Natureza

Somos unha empresa familiar á que nos gusta definirnos como ARTESÁNS DO TURISMO DE NATUREZA. Algo que aprendemos dos nosos clientes durante estes últimos 15 anos, é que cada persoa e cada época da nosa vida requiren experiencias distintas, por iso ofrecémosche diferentes formas de gozar do noso entorno.