Luns, 16 de xaneiro de 2017 Cabañitas del Bosque, Cabanas do Barranco
Unha das cabanas das que aínda non falamos enmarcada en Cabanas do Barranco é a Cabana Monte Louro. Ao igual que as outras cabanas, o seu nome é unha pequena homenaxe a un punto emblemático da nosa ría.
Chámase Monte Louro a unha gran rocha granítica que brotou do máis profundo da nosa terra fai xa máis de dous millóns de anos, e que foi testigo de numerosos naufraxios nos seus “Leixóns”, os baixos rochosos que a rodean. Por iso se erixiu na súa punta dun emblemático faro que da luz a toda a nosa querida ría e que acode en axuda de pescadores e mariñeiros despistados.
Non vos asustedes, este título fai referencia a que este monumento da natureza marca o inicio da, seguramente, máis coñecida das nosas costas, a “Costa da Morte”. É o punto de referencia ao cal se pode acudir esteas donde esteas ao longo da ría, e que sempre ofrece unha boa orientación a aqueles que nos visitan. Está situado no extremo norte da Ría de Muros e Noia, marcando a fin da ría e o comezo da “Costa da Morte”.