Venres, 9 de decembro de 2016 Cabañitas del Bosque, Cabañas de Broña
Neste post imos a falar dunha das últimas cabanas que construimos, a Cabana Requeixo, ubicada nas Cabanas de Broña, situadas a poucos metros da praia que lle da nome ao complexo.
O nome de todas as cabanas desta finca débense a diferentes puntos míticos desperdigados polo litoral da contorna.
Neste caso trátase da Punta do Requeixo, onde encontraremos ademais dun pequeno embarcadoiro con botes tradicionais, unha área recreativa con mesas e bancos de pedra e un pequeno parque infantil. Desde aquí arranca un paseo, A Senda Verde do Requeixo, que bordea toda a costa ata chegar á praia de Broña, e que poderemos continuar ata o peirao de O Freixo. Ao longo de todo este paseo poderemos gozar dunhas magníficas vistas da entrada da ría. Todo isto ao lado das nosas cabanas.