Xoves, 6 de outubre de 2016 entorno, Santa Leocadia, Ponte Ruso, Cabañitas del Bosque, Cabanas do Barranco
Esta paraxe, situada a escasos minutos de onde estamos na estrada para Pino de Val, conta cunha pequena capela xa en desuso pero que garda todo o encanto deses lugares máxicos esparexidos por toda Galicia que fai da nosa comunidade un sitio diferente.
Ademais, a contorna convida a facer un pequeno picnic, xa que xusto á beira hai unha chaira ideal para iso e terminar a visita cunha pequena ruta de sendeirismo que termina nunha bonita fervenza que forma o río do mesmo nome entre unha bela carballeira.
Nos arredores hai diferentes camiños que poderedes seguir a modo de paseo e mesmo como rutas de sendeirismo. Moi preto da ponte, se vos apetece e o tempo acompaña, hai unha zona do río onde darvos un mergullo.