Inicio Blog Estamos de festas en Do Artesanato!

Estamos de festas en Do Artesanato!

Martes, 16 de agosto de 2016 Do Artesanato, Festas

Estamos de festas en Do Artesanato! O próximo 26, 27 e 28 de agosto organízanse as festas patronais na parroquia de San Ourente, no Concello de Outes, onde estamos situados.

A celebración consistirá na típica romaría que hai durante todo o verán por toda Galiza: Pasarrúas, sesión vermú, verbenas con grupos e orquestras pola noite. A diferencia é que o sábado levarán a cabo unha serie de xogos tradicionais galegos como tiratacos, a chave...

Esta festa só é un gran de area das moitas accións levadas a cabo pola Asociación Cultural Xente de San Ourente, creada hai apenas 5 anos pero moi comprometida coa parroquia e as tradicións, tanto locais como galegas. Durante todo o ano levan a cabo todo tipo de festas e actividades típicas: San Xoán, con fogueira, grellada e xogos; San Adrián, com misa na capela do mesmo nome, cantina con petiscos, gaiteiros e polbeiras; Samaín (Halloween) cando organizan carne ou peixe á grella, diferentes talleres, exposición de cogomelos, música e diferentes xogos.

Outras actividades que levan a cabo son clases de baile galego e pandeireta, tanto para nenos como para maiores, ademais dunha saída anual á “Pedra da vella”, no Monte da Pena, ou cantar panxoliñas cos máis pequenos polas portas dos veciños.

Animádevos a vir e a dar apoio a toda a xente que fai posible todo isto, seguro que non vos arrepentiredes.





Do Artesanato - Turismo e Natureza

Somos unha empresa familiar á que nos gusta definirnos como ARTESÁNS DO TURISMO DE NATUREZA. Algo que aprendemos dos nosos clientes durante estes últimos 15 anos, é que cada persoa e cada época da nosa vida requiren experiencias distintas, por iso ofrecémosche diferentes formas de gozar do noso entorno.