Inicio Blog Festas de San Ourente

Festas de San Ourente

Luns, 21 de agosto de 2017 san ourente, festas, tradición, serra de outes,

San Ourente é unha parroquia localizada na Serra de Outes, con 753 habitantes, onde os vindeiros días 25, 26 e 27 de agosto celébranse as festas patronais, facendo homenaxe ó santo Ourente. 

Os habitantes de San Ourente levan esperando estas datas durante todo o ano, xa que son unhas festas moi desexadas que alegran as rúas do pobo e ós seus transeúntes. 

San Ourente conta coa Asociación Veciñal, Xente de San Orente, nacida fai 6 anos coa finalidade de dinamizar a entidade parroquial, promovida polos mozos da localidade. 


asociación apoia a cultura mediante andainas e diferentes activades, como campionatos de futbito, trompos e chave. Tamen fan incapé na recuperación das antigas tradicións, que tanta vida dan ós concellos, organizando por exemplo, exposicións de fotografía antiga. 

A maiores disto, teñen proxectos de recuperación medioambiental de paraxes singulares da parroquia e son os encargados de organizar as festas parroquiais de Santo Ourente, que animan o final do verán. 

Estas festas divídense en tres días. A xornada do venres da comezo cunha banda de Música Tradicional FurtivaTanto nos ten, que amenizará ós asistentes dende as 22.30h. Seguirán Som do Galpom e finalizará cunha animada sesión Dj.

A programación do sábado dará comezo ás 9.30 con moito ritmo, para dar o bo día ó fin de semana co pasarúas Aire Xulia. A misa dará comenzo ás 13h, continuada coa Sesión Vermú. A tarde do sábado estará chea de xogos populares para toda a familia, coma torneos de chave, tiratacus e futbito. Chega a noite e preséntase moi animada, cos grupos Mar da Vila dende as 22.30 e Os Mecánicos que pecharán este día de festa rachada. 

Concluimos estas festas parroquiais cun domingo que da a benvida ó día santo co pasarúas Arume ás 9.30, seguido da misa das 11 e a Sesión Vermú das 11.30 acompañada de callos, música e baile, da man de Brincadeira e Arume. Ás 20.30 dá comezo a verbena en Banzas co Dúo Marea. 

Deixámovos o cartel cos horarios e a programación completa para que vos acheguedes ás festas con máis ritmo e bo ambiente de Galicia.

Se queredes seguir de preto todas as novidades de San Ourente, deixámovos o enlace ó Facebook da asociación:

Ligazóns





Do Artesanato - Turismo e Natureza

Somos unha empresa familiar á que nos gusta definirnos como ARTESÁNS DO TURISMO DE NATUREZA. Algo que aprendemos dos nosos clientes durante estes últimos 15 anos, é que cada persoa e cada época da nosa vida requiren experiencias distintas, por iso ofrecémosche diferentes formas de gozar do noso entorno.