Inicio Blog Noia, vila de lendas e meigas

Noia, vila de lendas e meigas

Luns, 7 de agosto de 2017 Noia, cabanas sen barreiras, natureza, turismo, Muros e Noia, casco vello,

Tierra de leyendas y meigas, es lo que esconde entre sus piedras y edificios esta villa que envuelve la Sierra de Outes, entorno de nuestras cabañas.


Presentámovos a Noia e o seu casco vello, considerado Conxunto histórico dende 1985, xa que as súas casas de estilo gótico mariñeiro e os escudos nobiliarios son todo un emblema. Ademáis da historia, este municipio de A Coruña posúe gran cultura gastronómica; a empanada de berberechos de pan de millo é a súa especialidade, así que non podes voltar a casa sen probar esta delicia galega.

Dise que Noia foi vila de zapateiros e carniceiros, aínda que este era considerado un gremio mal visto. Tamén é a berce de poetas, coma Antón Avilés de Taramancos e Maria Mariño “A Costureira” que enriquecen a literatura e dan prestixio ás súas rúas.

A localización xeográfica fai que se considere un lugar máxico, xa que se atopa na desembocadura do río Tambre, polo que na Idade Media converteuse no porto de Santiago de Compostela, a escasos 30 km de distancia.

Por estas e moitas outras razóns, leva celebrándose dende fai 10 anos a Feira Medieval de Noia, convocada a segunda semana de cada mes de xullo. Durante estes días a música e a diversión non para, grazas a xuglares, bufóns, malabaristas,… e numerosas actividades destinadas ó disfrute do público de tódalas idades.

A vila de Noia da paso as súas edificacións máis destacadas como é a catedral de Santa María A Nova, hoxe convertida en museo. Non é un lugar calquera, acolle máis de 500 lápidas funerarias de entre os séculos XIV e XVII e posúe un curioso cruceiro con baldaquino, tendo dous en toda Galicia, o de Noia e outro en Baiona. Esta igrexa conta con un dos cemiterios máis belos e importantes de España, a Quintana dos Mortos.

Transladámonos á zona máis alta da localidade, dando forza ó municipio, atópase a Igrexa de San Martiño, presidindo a Praza do Tapal co seu gran rosetón, un incrible reloxo e alucinantes gárgolas a media altura que destacan ante nosos ollos.

Esta igrexa ten unha peculiaridade, fáltalle unha segunda torre. Teríamos que remontarnos ás hostilidades da época entre os nobres de Noia e o Arzobispado para poder explicar a ausencia desta. Pénsase que foi para evitar que o templo de Noia rivalizara coa catedral de Santiago, e unha maldición ameazaba dende entón a quen se atrevese a construír esta segunda torre.

Non todo o que amosa Noia son reseñas relixiosas, a vila ten un pazo urbán do século XV en pleno centro histórico, o cal destaca pola súa fachada gótica e un reloxo solar, a Casa da Xouba.

Atopámonos tamén unha ponte colgante no Tambre, do que saen varios roteiros de senderismo interesantes, grazas ás fantásticas vistas e lugares asombrosos que te podes encontrar ó seu paso.

Despois disto, non te penses tanto reservar estancia con nosco e descubre as marabillas que Galicia esconde e aproxímate a Noia para descubrir un lugar moi especial. 





Do Artesanato - Turismo e Natureza

Somos unha empresa familiar á que nos gusta definirnos como ARTESÁNS DO TURISMO DE NATUREZA. Algo que aprendemos dos nosos clientes durante estes últimos 15 anos, é que cada persoa e cada época da nosa vida requiren experiencias distintas, por iso ofrecémosche diferentes formas de gozar do noso entorno.