Xoves, 19 de outubre de 2017 Punta Espiñeiro, Punta Seilán ou Pedra dos Corvos, cabanas sen barreiras
Punta Espiñeiro é o nome da nosa primeira cabana, esta cabana, que da entrada á Finca da Quintenla está situada na súa zona leste, a 6m de altura, e goza dunhas vistas espectaculares sobre o río Tambre. Punta Espiñeiro agóchase na enseada do Río Tambre, onde o terreo comeza verse alterado pola intromisión das súas augas.
A carón da primeira Cabana atopamos Punta Polveira, unha cabana que recibe o nome dun pequeno saínte que atopamos na Enseada de Esteiro, na ría de Muros e Noia, na marxen norte. Dende Punta Polveira podemos albiscar o lendario illote de Creba, e ducias de bateas onde se produce o coñecido mexilón galego da ría.
No centro da finca atopamos a cabana Punta Seilán. No centro da desembocadura do Tambre, onde se xuntan as augas doces do río coas salgadas da ría, atopamos tamén Punta Seilán, un pequeno cabo cerca da ponte que separa as localidades de Seilán e Orro. Din as “boas lenguas”, que a denominación correcta do termo sería Punta Ceilán, pero nós fiámonos de cómo se soe dicir aquí dende que temos memoria, e nós, falantes con seseo implosivo, explosivo e memo reactivo, pensamos que ata soa mellor Punta Seilán, con S.
Ben pertiño do lugar de Albeida, e da Enseada do Engano (vaites ti a saber quen engano houbo para que lle chamasen así!), na marxe norte da desembocadura do Tambre atopamos Pedra Pinta. Un pequeno saínte dende onde poder marabillarse coas paisaxes que nos ofrece a Enseada do Tambre e as vistas sobre o lugar da Barquiña, xa, na outra marxe do río.
Dende o lugar de Abelleira podemos acceder con facilidade a Pedra das Areas, un fermoso lugar onde poder recrearse coas vistas sobre a ría de Muros e Noia. Ademáis, ben pertiño xa da vila de Muros.
Pedra dos Corvos, es el nombre que se le da a una reserva natural donde albergan miles de cuervos. Paraje natural lleno de vida animal.
Dise que na Pedra dos Corvos podíamos atopar unha fermosa á vez que lendaria reserva de ducias de parellas de corvos. O que si que é certo, é que o lugar, é unha paraxe natural excepcional.