Inicio Blog Os primeiros sen barreiras

Os primeiros sen barreiras

Venres, 28 de xullo de 2017 cabañas, cabanas, sen barreira, rural, turismo, naturaleza, galicia, outes, muros e noia,

Vimos de inaugurar as nosas cabanas na Finca da Quintenla, unha idílica contorna onde pasar uns días diferentes, nos que a natureza, ti e o teu acompañante conviviredes en sintonía.

Os nosos primeiros visitantes quixeron contarnos por que nos teñen elixido para desfrutar desta experiencia. Tres parellas diferentes mais cun denominador común, que é o espírito libre e aventureiro de querer explotar a contorna, xa sexa en parella ou familia.

Movido para sorprender á súa parella, decidiu reservar estancia nunha das nosas cabanas, sen dubidalo, para facer unha escapadiña romántica, fuxindo da rutina e da urbe. Esta é a primeira parella que pisou a finca, dous namorados de Cabanas sen Barreiras e da natureza.

Encántanos desfrutar do tempo libre cos nosos, por iso dimos a benvida á primeira familia en vivir unha das nosas cabanas. Viñeron a celebrar o aniversario do pai. Filla, nai e pai tiraron a rolla dunha das súas primeiras experiencias xunto con nós.

Pechamos estas primeiras vivencias con dous mozos que quedaron prendados das nosas cabanas, xa que repiten estancia, mais desta vez son os privilexiados en inaugurar habitación, jacuzzi e baño. Repetirán?

Esperamos sumar experiencias e relatos dos nosos hóspedes. Estamos agardándovos para gozar dunha estancia única na contorna de Serra de Outes, lugar que acolle as nosas novas cabanas.

Reserva xa e cóntanos como o viviches, ó igual que o fixeron estas tres parellas.







Do Artesanato - Turismo e Natureza

Somos unha empresa familiar á que nos gusta definirnos como ARTESÁNS DO TURISMO DE NATUREZA. Algo que aprendemos dos nosos clientes durante estes últimos 15 anos, é que cada persoa e cada época da nosa vida requiren experiencias distintas, por iso ofrecémosche diferentes formas de gozar do noso entorno.