Martes, 16 de setembro de 2014 Casa Perfeuto María, Gastronomía, Ofertas, Turismo
Este ano celébrase o 8º Outono Gastronómico nas casas de turismo rural de Galicia.
Entre o 12 de setembro e o 14 de decembro* poderemos reservar o noso “Menú Outono Gastronómico” composto por un entrante, un primeiro e un segundo prato, a sobremesa e un viño de Denominación de Orixe galega ou outra bebida a elixir.
Este menú pode ser reservado de forma independente ou combinado con estadía dunha ou dúas noites en habitación individual, dobre ou familiar (ata dous nen@s, incluídos menús infantís).
*Ofertas válidas en venres, sábados e domingos do 12 de setembro ao 14 de decembro de 2014, excepto os fins de semana do 31 de outubro a 2 de novembro e do 5 ao 7 de decembro.
Para comer ou cear escolle o “Menú Outono Gastronómico”
1 menú Outono Gastronómico por persoa (entrantes, primeiro e segundo prato, sobremesa e viño Denominación de Orixe galega). O prezo é de 30 € / persoa (IVE incluído).
Con estadía dunha noite elixe o “Paquete Outono Gastronómico”:
1 menú Outono Gastronómico por persoa + aloxamento e almorzo nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres ou sábado a escoller ). O prezo é de 110 € /2 persoas en habitación dobre ou de 70 €/1 persoa en habitación individual (IVE incluído).
Pero a mellor opción é a oferta completa da “Fin de semana Outono Gastronómico”.
2 menús Outono Gastronómico por persoa + aloxamento e almorzos nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres e de sábado).
O prezo é de 190 €/2 persoas en habitación dobre ou de 130 €/1 persoa en habitación individual (IVE incluído).
Se queres compartir cola familia esta fin de semana tan especial podes apuntarte á oferta da “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” con dúas posibilidades: