Inicio Blog Retiro Saudable na Casa Perfeuto María

Nutrición - Sendeirsmo - Masaxe Sueca - Ioga

Retiro Saudable na Casa Perfeuto María

Luns, 30 de outubre de 2017 retiro, turismo rural, retiro espiritual, senderismo, endocrinovigo, volta montana, casa perfeuto maria, senderismo outes,

A vindeira fin de semana do 18 e 19 de novembro, temos un plan de relax, desconexión e retiro case espiritual en Casa Perfeuto María. 

E é que a axencia de turismo activo Volta Montana, en colaboración coa clinica de endocrinoloxía e nutrición EndocrinoVigo, organizan o Primeiro Retiro Saudable na Serra de Outes, máis en concreto, na nosa casa de turismo rural, Casa Perfeuto María.

E en que vai a consistir este retiro?

Lonxe de seren un retiro no que os participantes se aislan para estar en contacto coa natureza e meditar, este retiro ten outros compoñentes como eixos fundamentais, a saber:

A nutrición, ou o bo comer, o senderismo, masaxe sueca e ioga!

O que?

Pois si, o que lestes, pero vaiamos por partes:

Comer sano

A nutricionista Natalia Albino, da clínica Endocrino Vigo, acompañaranos durante toda a fin de semana para aprendernos como facer unha boca compra, neste caso, no mercado de Noia, preparar os nosos pratos, e como organizarnos para cociñar sen investir demasiado tempo ou esforzos, e mesmo así, conseguir un menús saudable e delicioso.

Sendeirismo

Non só iremos comer ben, se non que tamén moveremos un pouco o corpo. Darredor de Casa Perfeuto María hai unhas rutas de sendeirismo fermosas, con moitos fitos históricos e etnográficos e cunha dificultade media ou baixa, que nos permitirán pasar a tarde do sábado de camiñata, e en contacto coa natureza, da man da axencia de turismo activo e rutas de sendeirismo Volta Montana. 

Masaxe sueca

O quiromasaxista Daniel Simón, acompañarános para facernos disfrutar dunha boa masaxe sueca despois desta ruta de senderismo, e para finalizar o día do máis relaxados. A masaxe sueca é unha modalidade que pretende buscar o relax e a desconexión a través do traballo das mans sobre o corpo.

Ioga

O domingo, logo do almorno, seremos quen de, xunto con Andrea Hata Vinyasa Yoga, dar unha clase de ioga, ben sexa nos xardíns de Casa Perfeuto María, ou ben no interior, segundo o tempo se porte con nós. A clase está pensada tanto para principiantes, como para aqueles que non amosan dificultades para facer a postura da cobra ou o guerreiro.

Información e Reservas

Un plan do máis completo para aquelas persoas que busquen un pouco de relax de cara a afrontar o inverno, aprender a comer sano, e iniciarse no mundo da vida sana en xeral, xa sexa a través do ioga, do sendeirismo, do contacto coa natureza, etc.

Se queredes ampliar toda a información e programación, podedes consultala na páxina web da axencia de viaxes Celtia Travel, a través da cal poderedes reservar as vosas prazas. 





Do Artesanato - Turismo e Natureza

Somos unha empresa familiar á que nos gusta definirnos como ARTESÁNS DO TURISMO DE NATUREZA. Algo que aprendemos dos nosos clientes durante estes últimos 15 anos, é que cada persoa e cada época da nosa vida requiren experiencias distintas, por iso ofrecémosche diferentes formas de gozar do noso entorno.